Arquivo por etiquetas: a. c. ergueitos
Entrega do XVII Fiz Vergara Vilariño a Lara Dopazo
Violeta Bernardo presenta a peza que lle entregará a Lara Dopazo
Imaxe
Roteiro Fiz Vergara Vilariño 2016
Fiz Vergara Vilariño 2015
Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño
a.c. ergueitos sárria
En Sarria a 10 de maio de 2014
Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.
Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados o ditame final realizouse sobre dúas obras. A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema OENACH e seudónimo HUMUS e a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.
Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.
Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.
Cristina Ferreiro Xabier Rodríguez Baixeras Miguel Mato Fondo
Francisco Pérez María Casar
Entrega do XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
Este sábado 14 de setembro entregaremos o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño a Eva Veiga nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Sarria, ás 19:30 horas.
Participarán os membros do xuri Rosa Enríquez, Xerardo Quintiá, Alfredo Ferreiro, Francisco Pérez e María Casar e o artista plástico Miguel Ángel Macía.
XIII roteiro Fiz Vergara Vilariño
Ditame do X Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
Imaxe
Entrega do IX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
O pasado día 14 de marzo fallouse en Sárria a IX edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O gañador é o poeta Baldo Ramos. Os membros do xurado desta edición do premio que organiza a Asociacion Cultural Ergueitos e patrocina o Concello de Sárria foron: Pilar Pallarés, Lucía Aldao, Xosé Antón Neira Cruz (gañador da VIII edición), Xermán Arias (concelleiro de Cultura do Concello de Sárria) e María Casar (presidenta de Ergueitos).
A cea de entrega do premio terá lugar o día 25 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sárria dentro dun acto poético-musical que dará comezo ás 19: 30 horas e irá seguido dunha cea.
A mantedora do acto será Olalla Cociña e intervirán os membros do xurado, o gañador, o artista plástico Iván Prieto, así como o concelleiro de cultura e a presidenta de Ergueitos.
A música nesta ocasión correrá a cargo do grupo de jazz Maní & Cupeiro Quartet. Gustaríanos contar contigo nesta festa da poesía.
Pódedes facer reserva de tarxetas para a cea no hotel Alfonso IX (982 530 005) ou nos teléfonos 678 60 15 50 (María) e 677 429 225 (Xerardo).
Agardámosvos.
A. C. Ergueitos