Arquivo por etiquetas: baldo ramos
Carlos Negro é o gañador do XVI Fiz Vergara Vilariño
Ditame do XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
O mércores 15 de xuño, ás 19:00 horas, na casa do concello de Sárria abriremos a plica da obra gañadora do XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, logo da derradeira deliberación.
O xuri está composto por Yolanda Castaño, Marcos Abalde e Baldo Ramos, con voz e voto, e actúan como presidenta a concelleira de cultura de Sárria, Mónica López e como secretaria a presidenta de Ergueitos, María Casar.
Presentación de Fornelos & Fornelos en Lugo
Presentación de Palabras para un baleiro, de Baldo Ramos
Presentación de Palabras para un baleiro, de Baldo Ramos
Imaxe
Entrega do IX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
O pasado día 14 de marzo fallouse en Sárria a IX edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O gañador é o poeta Baldo Ramos. Os membros do xurado desta edición do premio que organiza a Asociacion Cultural Ergueitos e patrocina o Concello de Sárria foron: Pilar Pallarés, Lucía Aldao, Xosé Antón Neira Cruz (gañador da VIII edición), Xermán Arias (concelleiro de Cultura do Concello de Sárria) e María Casar (presidenta de Ergueitos).
A cea de entrega do premio terá lugar o día 25 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sárria dentro dun acto poético-musical que dará comezo ás 19: 30 horas e irá seguido dunha cea.
A mantedora do acto será Olalla Cociña e intervirán os membros do xurado, o gañador, o artista plástico Iván Prieto, así como o concelleiro de cultura e a presidenta de Ergueitos.
A música nesta ocasión correrá a cargo do grupo de jazz Maní & Cupeiro Quartet. Gustaríanos contar contigo nesta festa da poesía.
Pódedes facer reserva de tarxetas para a cea no hotel Alfonso IX (982 530 005) ou nos teléfonos 678 60 15 50 (María) e 677 429 225 (Xerardo).
Agardámosvos.
A. C. Ergueitos