presentación de DE BALEAS de Eduardo Estévez

Benxamín Otero, Ana Seijo, Eduardo Estévez e María Casar

Benxamín Otero

Benxamín Otero, Ana Seijo e Eduardo Estévez

Ana Seijo e Eduardo Estévez

Ana Seijo

Eduardo Estévez

Ditame do XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Ditame do XVI Fiz Vergara VilariñoO mércores 15 de xuño, ás 19:00 horas, na casa do concello de Sárria abriremos a plica da obra gañadora do XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, logo da derradeira deliberación.
O xuri está composto por Yolanda Castaño, Marcos Abalde e Baldo Ramos, con voz e voto, e actúan como presidenta a concelleira de cultura de Sárria, Mónica López e como secretaria a presidenta de Ergueitos, María Casar.

Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño

a.c. ergueitos sárria

 

 

En Sarria a 10 de maio de 2014

Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo,  actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados  o ditame final realizouse sobre dúas obras.  A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema OENACH e seudónimo HUMUS e a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.

Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.

Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.

 

 

 

 Cristina Ferreiro                   Xabier Rodríguez Baixeras                Miguel Mato Fondo

 

 

 

Francisco Pérez                       María Casar

Ditame do XIV Fiz Vergara Vilariño

O próximo sábado 10 de maio, ás 13:30 horas na Casa do Concello de Sárria, abriremos a plica da obra gañadora do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

O xuri está composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sárria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

 

 

Entrega do XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Este sábado 14 de setembro entregaremos o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño a Eva Veiga nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Sarria, ás 19:30 horas.
Participarán os membros do xuri Rosa Enríquez, Xerardo Quintiá, Alfredo Ferreiro, Francisco Pérez e María Casar e o artista plástico Miguel Ángel Macía.

A. C. Ergueitos